Rosendo Fernández asistiu á inauguración da exposición "150º aniversario de las unidades de ferrocarriles 1872-2022", no Museo do Ferrocarril de Galicia
Ourense, 19 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte, á inauguración da exposición "150º aniversario de las unidades de ferrocarriles 1872-2022". Antes, celebrouse a conferencia "Un viaje por la historia de los ferrocarriles militares", impartida polo coronel na reserva Luis Poveda, presentado polo director do Museo del Ferrocarril de Galicia, Luis Blanco, e o presidente da Asociación de Amigos del Museo Histórico Militar de A Coruña, Manuel Santiago.