Rosendo Fernández asistiu á presentación da cuarta edición da Biblia en galego

Compartir

Ourense, 8 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel á presentación da cuarta edición da Biblia en galego, iniciativa da editorial SEPT co patrocinio da Xunta de Galicia.

O actou contou coas intervencións do bispo de Ourense, Leonardo Lemos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o biblista supervisor da edición e deán da Catedral de Santiago, José Fernández; e o vicepresidente de SEPT e responsable desta edición, Silvestre Gómez. Ademais, o acto contou coa presenza, entre outros,  do subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso.