Rosendo Fernández asistiu á presentación da Estratexia de dinamización do sector cárnico galego

Compartir

Ourense, 9 de xaneiro de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia no Pazo de Fontefiz, en Coles, á presentación da Estratexia de dinamización do sector cárnico galego, implementado pola Xunta de Galicia. O acto estivo presidido polo presidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda, e nel tamén interviu o conselleiro de Medio Rural, José González.

Esta nova estratexia configúrase como unha folla de roteiro que marca seis eixos para desenvolver ata o ano 2030, con 64 medidas e 174 accións. Tal e como indicou o presidente da Xunta, preténdese dispoñer dun "sector organizado e profesionalizado para fomentar unha industria competitiva, líder en calidade, ademais de mellorar o posicionamento nos comprados nacional e internacional e promover unha cadea de valor máis transparente e equilibrada".