Rosendo Fernández asistiu á presentación da tradución ao castelán de "Vento ferido", de Casares

Compartir

Ourense, 28 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde no Liceo de Ourense á presentación da tradución ao castelán de "Vento Ferido", de Carlos Casares. O acto contou coa presenza de Hakan Casares e Xabier Casares, ademais da profesora Mar Fernández Vázquez e o editor Enrique Redel.

O libro de Casares está traducido pola escritora Cristina Sánchez-Andrade e incorpora as ilustracións de Xulio Maside.