Rosendo Fernández e Luz Doporto acompañaron á Asociación de Personas Sordas de Ourense no Día nacional das linguas de signos

Compartir

Ourense, 14 de xuño de 2023.- O vicepresidente primeiro en funcións, Rosendo Fernández, e a deputada en funcións Luz Doporto, visitaron esta mañá o posto informativo da Asociación de Personas Sordas de Ourense, situado na rúa do Paseo para conmemorar o Día nacional das Linguas de Signos. Durante a visita, na que estiveron acompañados, entre outros, polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, Rosendo Fernández e Luz Doporto conversaron con membros desta asociación, presidida por Martín Luis Becerra.