Rosendo Fernández enxalza a alianza estratéxica que mantén a Deputación coa CEO a prol da internacionalización das empresas e dixitalización das pemes

Compartir

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde recalcou na xornada híbrida organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia que "a internacionalización é un imperativo estratéxico para sobrevivir e prosperar, e desde a Deputación sabémolo e predicamos co exemplo a través de programas do Inorde"

Ourense, 15 de outubro de 2024.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a xornada híbrida "Construyendo futuro. Puente digital Ourense - Vigo – Internacionalización", organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.

Na inauguración desta iniciativa participou o deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, quen destacou a importancia da internacionalización, "o camiño cara a expansión e crecemento empresarial", lembrando a "alianza estratéxica" que mantén a Deputación coa CEO para acadar este fin e a dixitalización das pemes. Co obxectivo claro de "conquistar novos mercados, a inrternacionalización é un imperativo estratéxico para sobrevivir e prosperar", sinalou Fernández, quen deixou claro que "na Deputación predicamos co exemplo a través das nosas alianzas coa Confederación Empresarial de Ourense e dos programas europeos que desenvolvemos a través do Inorde".