Rosendo Fernández enxalza o rico patrimonio ourensán na inauguración da exposición "Plástica castrexa"
Ourense, 2 de decembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración da mostra do Museo Arqueolóxico Provincial "Plástica castrexa", que se poderá contemplar na sala de exposicións de Afundación en Ourense ata o próximo 26 de febreiro.
Rosendo Fernández enxalzou "o rico patrimonio castrexo que atesoura Ourense", comprometendo o apoio da Deputación "ás actividades de investigación e promoción que se realicen para protexer e conservar este tesouro, pois non somos alleos a este gran universo cultural que posúe a provincia".
No acto de inauguración desta mostra, composta por una colección de pezas realizadas en pedra, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; o director do Museo Arqueolóxico Provincial, Xulio Rodríguez; o director xerente de Afundacion e a directora en Ourense, Pedro Otero e Beatriz Anguiano; e o director territorial de Abanca, Rubén Saavedra.