Rosendo Fernández participa na clausura de Funergal 2024
Ourense, 18 de maio de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense na clausura da 12ª edición da Feira de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal.
Nesta edición, Funergal logrou reunir a 55 expositores e a visitantes profesionais procedentes dunha vintena de países, sendo a única feira internacional do sector funerario celebrada na Península Ibérica este ano.