Rosendo Fernández participa na inauguración da Reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa

Compartir

Ourense, 23 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández participou hoxe, no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico do Campus de Ourense, na inauguración da Reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (Confede) que se celebra os días 23 e 24 de novembro en Ourense.

Confede reúne a case 70 centros oficiais autorizados que imparten ensinanzas universitarias de grao do ámbito da economía e a empresa en España. A xuntanza, na que se conmemoran os 25 anos de Confede, está organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo. Ao longo dos dous días de actividade abordaranse temas como o futuro destes estudos, a internacionalización universitaria, os selos de excelencia e o emprego.