Rosendo Fernández participa na inauguración da XXXIII exposición filatélica dedicada a San Martiño
Ourense, 10 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe, no Liceo de Ourense, na inauguración oficial da XXXIII Exposición filatélica dedicada a San Martiño, que organiza a Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño.
A mostra, que se poderá visitar desde hoxe ata o 19 de novembro, está dedicada nesta edición á parroquia de San Martiño de Rebordondo, situada no Concello de Cualedro.