Rosendo Fernández participa na inauguración de Previsel
Ourense, 22 de marzo de 2023. O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Expourense na inauguración do 16º Salón de Prevención e Seguridade Laboral de Galicia (Previsel), que conta coa colaboración do goberno provincial.
Previsel, que se celebra hoxe e mañá en Expourense, ofrecerá formación especializada en prevención e seguridade laboral impartida por expertos na materia.