Rosendo Fernández participa na presentación de Alimagro 2024 e da V Feira do Comercio Prolimia
Ourense, 9 de agosto de 2024.
O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou esta mañá na delegación territorial da Xunta en Ourense, na presentación da V Feira do Comercio Prolimia e de Alimagro 2024. Ambos eventos desenvolveranse en Xinzo de Limia, conxuntamente, do 30 de agosto ao 1 de setembro.
Alimagro, a VFeira do agro da Limia, amosará as últimas novas relativas ao cultivo da pataca e a maquinaria agrícola. Mentres que Prolimia servirá de escaparate do tecido empresarial de Xinzo de Limia para que os visitantes coñezan a ampla gama de produtos do comercio local e se aproveiten das ofertas e prezos baixos artellados para esta feira.