Rosendo Fernández participa na presentación de "Termatalia 2015"
- A 15ª edición deste certame celebrarase en Expourense entre o 24 e o 26 de setembro.
Ourense, 17 de setembro de 2015.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación de Termatalia 2015 en Expourense. A 15ª edición deste certame celebrarase en Expourense entre o 24 e o 26 de setembro.
Termatalia cumpre o seu décimo aniversario como feira internacional superando os datos de participación ata o momento. Conta cunha participación de 39 países e 279 expositores, cunha importante presenza de América Latina e tamén de Europa, que a converten na cita de referencia mundial do turismo de saúde, posicionando ademais a Galicia e a Ourense como centros de capacitación profesional en materia de termalismo.
No acto de presentación tamén estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez; e o director de Termatalia, Alejandro Rubín.