Rosendo Fernández participa na presentación do 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Compartir

Ourense, 31 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense na presentación da 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará neste recinto feiral do 2 ao 5 de novembro.

Rosendo Fernández, quen puxo en valor o traballo realizado por Expourense a prol do desenvolvemento económico e social da provincia, lembrou que a Deputación de Ourense estará, un ano máis, a través do Inorde co seu propio restaurante para "promocionar a calidade enogastronómica da provincia a través do menú "Vía da Prata – Provincia de Ourense", no que integramos produtos elaborados a base do noso programa de razas autóctonas, ademais dos procedentes dos nosos tradicionais aliados Coren e Cuevas.

Xantar converterá a Expourense no epicentro do turismo enogastronómico peninsular reunindo a un centenar de expositores, 59 adegas expositoras a maiores e con cinco países representados (España, Portugal, Colombia, Perú e Costa Rica). O horario da feira será desde as 11.30 ás 01.00 horas, agás o domingo 5 de novembro que a feira pechará ás 18.30 horas.

Esta edición contempla máis de 140 actividades que inclúen obradoiros de cociña en directo, catas comentadas de produtos como viño, queixo, mel ou conservas, así como presentacións con degustación dunha vintena de festas gastronómicas de Galicia. Entre as novidades desta edición será a gran "Zona de Tapas" con comedor central no que os visitantes poderán escoller entre distintos tipos de comida. Por primeira vez, a entrada ao Salón será gratuíta