Rosendo Fernández participa na presentación do IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte que se celebra de xeito complementario a Sportur Galicia
Ourense, 22 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense, na presentación do IV Congreso Internacional de Turismo e Deporte que se celebra de xeito complementario a Sportur Galicia. As dúas citas, de acceso gratuíto, terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro no recinto feiral de Ourense.
O simposio reunirá a unha vintena de relatores para analizar o potencial turístico do deporte e tamén presentarán experiencias de éxito na organización de eventos deportivos. Así mesmo, Sportur Galicia, evento consolidado no calendario feiral da nosa provincia, citará a medio cento de expositores que ofrecen un completo programa con máis de 50 exhibicións e adestramentos.