Rosendo Fernández participa na presentación do proxecto Horizon SoildiverAgro

Compartir

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde asistiu ao acto no Campus 

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou na presentación da Asemblea final do proxecto Horizon SoildiverAgro, celebrada hoxe no Salón de Grao Vicente Risco do Edificio de Ferro do Campus.

Fernández sinalou como "fundamental conservar o medio natural como motor tanto de sostibilidade como de riqueza económica e social, xa que nel e del viven todas as explotacións dunha provincia eminentemente agraria como é Ourense".