Rosendo Fernández participa na visita ao edificio multiusos de Piñor, proxecto no que colabora a Deputación

Compartir

Ourense, 11 de agosto de 2023.- O presidente do Inorde e deputado delegado de representación institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na visita que a directora xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarna Rivas, realizou ao Concello de Piñor para coñecer o avance das obras do futuro edificio de usos múltiples, proxecto acometido ao abeiro do plan Hurbe. Xunto ao delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, e o alcalde, José Luis González, o deputado provincial percorreu as instalacións, en cuxo proxecto participa a Deputación de Ourense, que asume o 30 % do investimento que lle correspondería realizar ao concello. En total investíronse máis de 450.000 euros na construción deste edificio, destinado a albergar diferentes actividades de carácter social, cultural e deportivo.