Rosendo Fernández participa no 12º Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas

Compartir

Ourense, 4 de febreiro de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou no 12º Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que tivo lugar esta mañá en Expourense con motivo da celebración do 17º Salón Internacional de Turismo. Asemade hoxe en Xantar 2016, o día dedícase á provincia de A Coruña, ao Turismo Porto e Norte de Portugal, á Cámara Municipal de Vila Real, ao Concello de Parada de Sil e á Noite do Comercio. 

Rosendo Fernández asegurou durante o acto que "Xantar 2016 congrega turismo, coñecemento e negocio, unidos todos eles pola gastronomía", e engadiu, "trátase dun gran centro de restauración que congrega a miles de persoas nesta promoción da gastronomía e punto de encontro do turismo".

A Celebración do XII Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas contará con máis de 40 agrupacións participantes, o que converte a este certame como o segundo máis importante do mundo en canto a número de confrarías participantes.

As actividades programadas para Xantar 2016 continuarán ata o 7 de febreiro onde están presentes expositores e participantes de 10 países: España, Portugal, Costa Rica, México, Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai.