Rosendo Fernández participa no 50 aniversario da Subida Automovilística a Castro de Beiro, representando o apoio da Deputación a esta proba
Ourense, 18 de novembro de 2023.- A Escudería Ourense e a Fundación Estanislao Reverter conmemoran hoxe o 50 aniversario da Subida Automovilística a Castro de Beiro, puntuable para o Campeonato de España de Montaña. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou neste acto conmemorativo representando á Deputación, que tivo lugar no campo da festa de Castro de Beiro.