Rosendo Fernández participa no acto central de Xantar dedicado a Portugal
Ourense, 2 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense, na celebración do acto central de Xantar dedicado a Portugal que serve para celebrar o día dedicado a destinos gastronómicos excelentes, que poñen en valor a cooperación público-privada e a cooperación transfronteiriza.
Na súa intervención, Rosendo Fernández salientou a "estreita relación de cooperación permanente" que existe entre Ourense e o norte de Portugal con que "compartimos proxectos europeos transfronteirizos para o desenvolvemento de iniciativas que resulten beneficiosas para ambos territorios". Así mesmo, desexou que Xantar serva para afianzar "novas relacións comerciais" entre os países participantes.