Rosendo Fernández participa no acto de conmemoración do centenario do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense
Ourense, 11 de decembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe, no Auditorio Municipal de Ourense, no acto de conmemoración do centenario do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense. A entidade ourensá comezou a súa andaina nesta mesma data do ano 1923 alcanzando así os seus primeiros cen anos de existencia.
Tralo acto institucional, a catedrática da Facultade de Veterinaria de Lugo, Cristina Castillo, ofreceu unha conferencia aos asistentes baixo o título "O concepto one healt a través das aventuras de Don Quijote de la Mancha; un adiantado ao seu tempo". Posteriormente, realizouse unha homenaxe aos profesionais falecidos e entregouse a varios colexiados os diplomas de honra da entidade e as insignias aos veterinarios xubilados.