Rosendo Fernández participa no encontro sobre educación, formación e persoas, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia co apoio da Deputación de Ourense
Ourense, 7 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no encontro "Educación, formación, persoas", organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia co apoio da Deputación de Ourense.
A xornada, que se desenvolveu simultaneamente nun triplo escenario (Ourense, Vigo e virtual), reuniu a relatores de institucións públicas e privadas para analizar conxuntamente os cambios que está a experimentar a formación das persoas e no que están implicados todos (a sociedade as administracións e as empresas). A clave do futuro da educación pasa por harmonizar o talento das novas xeracións de alumnos ás necesidades das empresas, un reto que pasa pola colaboración público e privada coa articulación de titulacións axustadas en tempo e forma ás demandas de cada territorio.