Rosendo Fernández participa nun acto da D.O Valdeorras para poñer en valor a formación de excelencia no mundo do viño

Compartir

Marcos Prada, presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, e Michelle Brampton, CEO de WSET, participaron no acto celebrado no Liceo

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participa no acto de presentación do proxecto “Aposta de Valdeorras pola excelencia”, no marco da colaboración da Denominación de Orixe Valdeorras coa Wine & Spirit Education Trust (WSET), unha organización con sede en Londres que é referencia mundial na formación no viño.

Marcos Prada, presidente do Consello Regulador da D.O Valdeorras, e Michelle Brampton, CEO de WSET, participaron no acto celebrado no Liceo.

Ao longo do día, diferentes expertos na materia abordaron cuestións como a importancia da excelencia e a formación no futuro do viño.