Rosendo Fernández participou na clausura de Xantar
Ourense, 13 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Expourense na clausura da 23º edición de Xantar, a única feira internacional de turismo gastronómico de España, que conta co respaldo do goberno provincial e que nesta ocasión estivo centrada na promoción da gastronomía dos distintos Camiños de Santiago.