Rosendo Fernández participou na inauguración das xornadas "Inter amicos", en San Pedro de Rocas
Ourense, 6 de xullo de 2023.- O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración das IV Jornadas romanísticas Inter amicos, que se celebran hoxe e mañá no Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, coa colaboración da Deputación de Ourense. Xunto a Fernández, a apertura das xornadas contou coa presenza do alcalde de Esgos, Mario González, e o organizador, o profesor de Dereito Romano da Universidade da Coruña Ramón Rodríguez Montero.