Rosendo Fernández participou na presentación da Final a 4 da Copa Galicia de Hockey Herba
Ourense, 8 de maio de 2023.- Rosendo Fernández participou esta mañá na presentación da Final a 4 da Copa Galicia 2023 de Hockey Herba en categoría senior masculina e feminina, que se disputará o 13 e 14 de maio en Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense.
Na presentación desta cita tamén interviron o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; e o presidente da Federación Galega de Hockey, Roberto Baratta.