Rosendo Fernández participou na presentación da Memoria de Actividades 2022 de Expourense
Ourense, 27 de abril de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades de 2022 de Expourense, ano no que dende o recinto ferial, co que colabora o goberno provincial, organizou 8 feiras, acolleu 15 eventos, celebrou 35 competicións deportivas e foi centro de vacinación masiva contra a COVID-19 durante 63 días. Estas tres actividades sumaron un total de 240.000 visitas procedentes de 30 países.
Ademais de Rosendo Fernández, e tamén como membros do Padroado da Fundación Expourense -da que forma parte a Deputación- participaron na presentación o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde; Armando Ojea, tenente de alcalde do Concello de Ourense; Marisol Novoa, presidenta da CEO; José Manuel Nogueira Durán, coordinador institucional de ABANCA; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Tamén participou como convidado especial neste acto o cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero.