Rosendo Fernández participou na presentación do libro "A senda proscrita"
Ourense, 2 de decembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no Marcos Valcárcel na presentación do libro "A senda proscrita", un proxecto con textos de Alberto Cacharrón e ilustracións de Alexandro, promovido por Teófilo Comunicación e que inclúe a exposición inaugurada esta mesma mañá coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Rosendo Fernández estivo acompañado no acto desta tarde por Alexandro, Alberto Cacharrón, José Luis Teófilo e a comisaria da exposición, Fátima Otero.
En "A senda proscrita", Alexandro e Alberto Cacharrón inmortalizan a historia, lendas e tradicións da Costa da Morte e o impacto do Camiño de Santiago nesa zona de Galicia.