Rosendo Fernández presenta o Foro La Región protagonizado por Rafael Salgado, autor do libro “Ourense no tempo”
Ourense, 2 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, foi o encargado de presentar hoxe o Foro La Región protagonizado por Rafael Salgado autor do libro "Ourense no tempo", un dos principais arquivos históricos da historia da cidade.
O libro é unha recompilación dos textos que Rafael vén publicando desde o ano 2008 sobre Ourense e que se publicou ao amparo do concurso de publicacións da Deputación do ano 2022, unha mostra máis da aposta decidida da institución provincial por promover e valorar o patrimonio cultural do territorio.
Rosendo Fernández agradeceu o traballo realizado por Rafael Salgado "compartindo as súas lembranzas e vivencias da cidade a través da fotografía, tanto a través do seu blog Ourense no tempo, como dos seus artigos no xornal La Región, que son o material que fundamenta a existencia desta publicación".