Rosendo Fernández recibiu aos poetas participantes no XIII Encontro Internacional de Poesía "Víctor Campio"
Ourense, 2 de xuño de 2023. O vicepresidente primeiro en funcións da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na Sala de Xuntas do Pazo Provincial na recepción aos poetas participantes no XIII Encontro Internacional de Poesía "Víctor Campio", organizado un ano máis polo Circulo Poético Ourensán coa colaboración da Deputación.
Neste décimo terceiro encontro participarán os poetas Xavier Eduardo López, de San Luís Potosí - México; Fabio Dacosta, de Ourense; Irma Ruth del Ángel, de San Luís Potosí - México; Katia de Nacemento, de Brasil; e Sergio Acedo, de Portugal.
A programación do Encontro arrancou esta mañá con visita dos poetas aos colexios ourensáns Josefinas, Mestre Vide e Cisneros. Pola tarde, ás 20,00 horas, celebrarase un concerto recital no centro comercial Ponte Vella.
O sábado, pola mañá a partir das 11,30 horas desenvolverase un roteiro poético polo casco histórico da cidade con saída do Parque San Lázaro. E xa pola tarde, ás 19,30 horas será lugar a Gala de Círculo Poético Ourensán no Liceo de Ourense. E o domingo 4 as 12,30 horas, celebrarase un recital poético no Pazo de San Damián. A entrada a todos os actos será libre e de balde.