Rosendo Fernández recolle e a “Castaña de Ouro” de Riós, en recoñecemento ao traballo do Centro Agroforestal da Deputación

Compartir

Riós, 5 de novembro de 2023.- O deputado provincial e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, recolleu esta mañá a "Castaña de Ouro", distinción que entrega o Concello de Riós con motivo da celebración da Festa da Castaña e do Cogumelo, que este ano alcanza a súa 28 edición.

No acto, que contou coa presenza da conselleira de Igualdade e Emprego, Elena Rivo, a alcaldesa de Riós, Eva Barrio, sinalou que esta distinción recoñece "o traballo realizado a favor deste sector tan importante para o noso concello, a través do Centro Agroforestalnd Deputación". Rosendo Fernández agradeceu este premio "que recoñece o traballo que realizan os nosos produtores de castaña na provincia, un labor esencial a prol do desenvolvemento social e económico do territorio".