Rosendo Fernández representa á Deputación na reunión da Comisión Permanente e Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local
Madrid, 14 de decembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Madrid na reunión da Comisión Permanente e Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, representando á Deputación de Ourense, patroa deste organismo.
A Fundación Democracia e Goberno Local é unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter técnico e constituída en maio de 2002. Lidera un proxecto plural e aberto, configurándose como un lugar de encontro para compartir experiencias e intercambiar ideas co fin de estimular a colaboración entre os Gobernos locais, para que a suma dos seus esforzos redunde no maior beneficio posible para os cidadáns.
De conformidade cos seus Estatutos, a Fundación ten como obxectivo contribuír á mellora do funcionamento dos Gobernos locais, en especial dos intermedios, así como o fortalecemento da súa lexitimación democrática, exemplaridade e posición institucional.