Simulacro de emerxencia no Teatro Principal da Deputación de Ourense

Compartir

Ourense, 18 de maio de 2019.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou no simulacro de evacuación de emerxencia por motivo de incendio no Teatro Principal, actividade que organizou o Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da Deputación de Ourense e que ven a dar continuidade ao programa iniciado no pasado mes de abril co simulacro do Pazo dos Deportes "Paco Paz".

O simulacro, no que participou persoal do Teatro e público asistente a un suposto acto no recinto, enmárcase no Plan de Autoprotección do Teatro Principal. O evento consistiu na simulación dun lume no foso do escenario dende onde comezou a saír fumo que podía verse dende o patio de butacas.

Para a realización do simulacro realizouse unha solicitude formal ó 112 da Xunta de Galicia e contouse coa participación do Parque de Bombeiros de Ourense, Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Protección Civil de Ourense. Así mesmo, no evento tamén colaborou alumnado da Escola Miriam centro de danza que estes días se atopa a realizar ensaios e actuacións no Teatro.