Temas económicos e nomeamentos de auditores centran a Xunta Xeral Extraordinaria de MEISA

Compartir

Ourense, 26 de novembro de 2015.- No Pazo Provincial tivo lugar esta mañá a celebración da Xunta Xeral Extraordinaria de Estación de Invierno Manzaneda, S.A. (MEISA), coa participación de Manuel Baltar en calidade de representante da Deputación de Ourense na dita sociedade. Entre os temas que trataron na reunión figuraron o préstamo participativo subscrito o 26 de xuño de 2015 e o nomeamento de auditores para os exercicios 2015, 2016 e 2017.