Teresa Barge asiste á conmemoración dos 20 anos de actividade do centro de interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova de Bande

Compartir

A deputada provincial de Igualdade e Mocidade representou á Deputación nos actos de aniversario do centro de interpretación deste importante conxunto arqueolóxico

Bande, 10 de setembro de 2023.- A deputada provincial delegada de Igualdade e Mocidade, Teresa Barge, asistiu esta mañá, en representación da Deputación, aos actos de conmemoración dos 20 anos de actividade do centro de interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, situado en Porto Quintela (Bande).

Tralo acto de inauguración, tivo lugar unha conferencia a cargo de Antonio Rodríguez Colmenero. A palestra versou sobre "50 anos traballando en prol do complexo arqueolóxico romano de interese cultural".

A xornada matinal culminou cunha mesa de debate titulada "O exército romano no nó da Península Ibérica", na que participaron Santiago Ferrer Sierra, director dos traballos de escavación no campamento militar romano de Aquae Querquennae; Adolfo Fernández Fernández, director dos traballos de escavación nas anualidades 2020-21 no campamento militar romano de Ciadella, en Sobrado dos Monxes; e Joâo Fonte, representante do grupo de investigación Romanarmy. Pola tarde, un obradoiro didáctico para nenos e familia e una visita guiada ao conxunto arqueolóxico Aquae Querquennae-Vía Nova puxeron o broche final aos actos de conmemoración.