Teresa Barge asiste á entrega do XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Allariz, 16 de decembro de 2023.- A deputada de Igualdade, Teresa Barge, asistiu hoxe ao acto de entrega do XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais ao xornalista e investigador Enrique Manuel Neira Pereira pola obra Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio.
O galardón que promove a Fundación Vicente Risco entrégase en colaboración cos concellos de Allariz, Castro Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Vila Real - Portugal), representada pola Escola de Ciências Humanas e Sociais (ECHS); as universidades da Coruña, Santiago de Compostela Vigo. O premio conta cunha dotación económica de 6.000 euros.