Teresa Barge participa nun roteiro polo 8M en Celanova

Compartir

A deputada de Igualdade participou na actividade da Fundación Curros Enríquez 

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, participou esta tarde no roteiro "Celanova: Terra de mestras", unha actividade organizada pola Fundación Curros Enríquez, en colaboración coa Asociación de Amas de Casa "Ilduara" e a Asociación de Mulleres Rurais San Rosendo.

A actividade, enmarcada na programación do Día da Muller Traballadora, consistiu nun faladoiro dos centros educativos que existiron en Celanova e do labor das mestras de agora. Así, os participantes visitaron o CPR Sagrado Corazón, o IES Celanova CEF, O CEIP Curros Enríquez e a Casa dos Poetas.