Teresa Barge representa á Deputación na presentación da curtametraxe "A esencia da orixe"

Compartir

Muíños, 19 de xaneiro de 2024.- O complexo deportivo O Corgo, no municipio de Muíños, acolleu a presentación da curtametraxe "A esencia da orixe", un traballo no que colaborou a Deputación e no que participaron o GDR Limia Arnoia, Eurorural e o GDR Pontevedra norte, co apoio tamén da Axencia de Desenvolvemento Rural. En representación da institución provincial asistiu a deputada Teresa Barge.