Todos con club deportivo Ourense
As institucións públicas da provincia de Ourense respaldaron hoxe ao presidente de Clube Deportivo Ourense no proxecto de ascenso a segunda división B de cara ao partido a celebrar este domingo, a partires das 17:30 horas, no estadio de O Couto fronte ao C.D. Laudio. Xuntaronse nun encontro no Centro Cultural da Deputación.
Manuel Seoane anunciou que levan catro anos cos mesmos prezos para as entradas e que lle gustaríia ver o estadio cheo, para o que este domingo a entrada será gratuita para os menores de 18 anos. “Demos o paso máis importante, pero quédanos o definitivo”, indicou.
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, lembrou a súa condición de asíduo asistente aos partido do Couto e felicitou á actual directiva ao considerar que estas magníficas opcións de ascenso “son o triunfo da vontade e da resistencia desta directiva”. Rosendo dixo estar seguro de que “o domingo viviremos un día histórico”.
O presidente do clube estivo acompañado de membros da súa directiva e tamén de representantes do concello de Ourense e da Xunta de Galicia