Toma de posesión das novas xefas do Servizo de Intervención e do Gabinete de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios, María Begoña Álvarez Matos e María de los Ángeles Cantón Álvarez, respectivamente
Ourense, 4 de outubro de 2023.- O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá no despacho da Presidencia da Deputación ás novas xefas do Servizo de Intervención e do Gabinete de Asesoría Xurídica e Asistencia a Municipios, María Begoña Álvarez Matos e María de los Ángeles Cantón Álvarez, respectivamente. Luis Menor desexoulles a ambas moita sorte nos seus novos postos dentro da Deputación e agradeceulles o esforzo, traballo e compromiso que amosan día a día nos desempeños das súas funcións técnicas na institución provincial.