Tráfico e calidade do aire, a debate, na xornada inaugural do proxecto Trafair
Ourense, 27 de xaneiro de 2020.- O director da área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense e presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, Fernando Suárez, participou na xornada de presentación do proxecto Trafair, unha iniciativa que ten como obxectivo proporcionar ás administracións públicas ferramentas para coñecer a calidade de aire dentro das cidades. Na mesa redonda moderada por Fernando Suárez analizouse o aspecto de "Sensorización e infraestruturas de hardware e software", coa participación de Fernando Raussel, de Business Developmento & Ecosystem de Libelium; José Luis Fernández, director xeral de estratexia de Televés, e Luis Miguel García, de Indra Systemas. Na xornada, celebrada en Santiago, debateuse ademais sobre "Modelos de tráfico e contaminación" e "A contaminación nas cidades".