Unanimidade do pleno da Deputación para a concesión da Medalla de Ouro da provincia a Marcos Valcárcel
Ourense, 29 de xullo de 2014.- O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo ao historiador e xornalista Marcos Valcárcel López. O expediente de concesión da medalla ten a súa razón de ser polos méritos contraídos por Marcos Valcárcel ao longo da súa vida e da súa traxectoria profesional nos eidos da historia, a docencia e o xornalismo, así como tamén por ser un dos dinamizadores culturais máis fecundos e rigorosos de Ourense e o elo que conectou aos vellos autores da xeración Nós cos novos escritores e investigadores.
Outros acordos da sesión ordinaria celebrada hoxe son os seguintes:
RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Á ORDENANZA REGULADORA DOS PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO E LABORAL TEMPORAL AO SERVIZO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Acordo:
1º) Resolver as alegacións formuladas contra o texto inicialmente aprobado da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense nos seguintes termos:
a) Estimar parcialmente a alegación formulada pola Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos, engadindo un novo parágrafo no apartado 2 do artigo 6, co seguinte contido:
"Nos procedementos de selección mediante concurso –oposición regulados no artigo 4, no suposto de cobertura de postos de traballo que correspondan a profesións susceptibles de exercicio por conta propia, as bases reguladoras poderán establecer como mérito avaliable a prestación de servizos neste réxime que estean relacionados co contido do posto de traballo e sexan relevantes para a avaliación do mérito e capacidade dos aspirantes. As bases determinarán os sistemas de acreditación destes méritos e a súa valoración, en termos equitativos respecto da valoración de servizos prestados por conta allea."
b) Estimar parcialmente a alegación segunda do Comité de Empresa, engadindo no artigo 6.1.a) o inciso "ou análoga" respecto da categoría profesional, e un novo parágrafo neste apartado co seguinte texto: "Entenderase por categoría profesional análoga aquela coa que a prevista nas bases garde unha relación de identidade esencial".
c) Desestimar as alegacións sinaladas no demais, e desestimar integramente as alegacións primeira, terceira e cuarta do Comité de Empresa, polos motivos sinalados na proposta da Presidencia.
2º) Aprobar definitivamente a Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.
3º) Ordenar a publicación do texto definitivamente aprobado da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, para a súa entrada en vigor.
APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N.º 4/2014, DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS E SUPLEMENTOS DE CRÉDITO
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
135.13/467.00 |
A Consorcios. Servizo de incendios Comarca da Limia |
91.181,54 |
|
135.12/467.00 |
A Consorcios. Servizo de incendios Comarca de Verín |
129.045,11 |
|
135.11/467.00 |
A Consorcios. Servizo de incendios Comarca de Valdeorras |
79.032,17 |
|
920.01/226.02 |
Información e publicidade. Secretaría Xeral |
10.000,00 |
|
231.11/480.01 |
Atencións benéficas e sociais nominativas. Acción social |
5.000,00 |
|
334.16/226.02 |
Información e publicidade. Centro cultural |
15.000,00 |
|
912.11/227.06 |
Estudios e traballos técnicos. Corporación Provincial |
200.000,00 |
|
419.11/221.00 |
Enerxía eléctrica. Centro ecuestre Vilamarín |
4.000,00 |
|
453.11/221.99 |
Materiais. Vías e obras provinciais |
60.000,00 |
|
912.11/226.01 |
Atencións protocolarias e representativas. Corporación Provincial |
25.000,00 |
|
313.11/221.04 |
Vestiario. Prevención de riscos laborais |
3.000,00 |
|
323.16/221.01 |
Auga. Escola de danza |
1.000,00 |
|
920.01/226.06 |
Reunións e conferencias. Secretaría Xeral |
8.000,00 |
|
920.01/227.06 |
Estudios e traballos técnicos. Secretaría Xeral |
30.000,00 |
|
453.11/226.99 |
Gastos menores. Vías e obras provinciais |
3.000,00 |
|
162.35/221.03 |
Combustibles y carburantes. Unidade provincial de xestión do lixo |
50.000,00 |
|
161.11/221.03 |
Combustibles e carburantes. Servizo de augas e medio ambiente |
8.000,00 |
|
169.11/221.03 |
Combustibles e carburantes. Rede provincial de recollida de animais |
4.000,00 |
|
342.11/221.00 |
Enerxía eléctrica. Pazo dos deportes Paco Paz |
11.000,00 |
|
342.11/221.03 |
Combustibles e carburantes. Pazo dos deportes Paco Paz |
8.000,00 |
|
453.12/221.03 |
Combustibles e carburantes. Parque de maquinaria |
50.000,00 |
|
420.11/410.00 |
A Organismos administrativos. INORDE |
150.633,33 € |
|
SUMA SUPLEMENTOS DE CRÉDITO |
944.892,15 € |
|
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTO
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
450.12/762.01 |
A Concellos subvencións. Cooperación Provincial |
505.157,08 |
|
920.11/623.00 |
Maquinaria, instalacións e ferramentas. Pazo Provincial |
40.000,00 |
|
179.11/721.09 |
A Confederación Hidrográfica do Miño. Medio natural |
14.000,00 |
|
SUMA SUPLEMENTOS DE CRÉDITO |
559.157,08 € |
|
CRÉDITO EXTRAORDINARIO. GASTOS DE INVESTIMENTO
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
450.12/750.00 |
A Xunta de Galicia. Cooperación Provincial |
292.103,04 |
|
419.15/632.00 |
Edificios e outras construcións. Predio O Reino |
34.000,00 |
|
453.11/609.02 |
Mellora estrada Peroxa- Coles. Vías provinciais |
100.000,00 |
|
SUMA CRÉDITO EXTRAORDINARIO |
426.103,04 € |
|
RESUMO
Suma suplementos de Crédito ................................................. 1.504.049,23 €
Suma créditos extraordinarios ............................................................ 426.103,04 €
RECURSOS UTILIZADOS
Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais 1.930.152,27 €
2º.- Nas bases de execución do orzamento da Deputación Provincial de Ourense non estaba prevista a concreción do capítulo IV e VII de gastos a conceder no exercicio 2014, polo que se procede á especificación das aplicacións para as que se habilite crédito nesta modificación orzamentaria, así como doutras aplicacións orzamentarias cuxo crédito non precisa de tramitación plenaria:
Con cargo á aplicación orzamentaria 231.11/480.01. Atencións benéficas e sociais nominativas. Acción social:
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Feaps Special Olympics Galicia |
Xornada de convivencia O Carballiño |
10.000,00 |
|
ADEGAL |
Gastos de funcionamento |
7.000,00 |
Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial:
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Concello de A Bola |
Xornadas medioambientais |
10.000,00 |
|
Concello de O Barco |
Rúa Vicente Risco |
40.000,00 |
|
Concello de Os Blancos |
Convenio Ponte CH Miño- Sil |
26.000,00 |
|
Concello de Xinzo de Limia |
Infraestruturas municipais |
60.000,00 |
|
Concello de Melón |
Arranxo camiños municipais |
50.000,00 |
|
Concello de Xunqueira de Ambía |
Plan piloto desenvolvemento integral e desenrolo da economía rural |
21.000,00 |
|
Concello de Muíños |
Praza en Xermeade |
30.000,00 |
|
Concello de Nogueira de Ramuín |
Arranxo camiños |
40.000,00 |
|
Concello de Bande |
Mellora rede viaria |
60.000,00 |
|
Concello de Cartelle |
Regas asfálticas en camiños municipais |
50.000,00 |
|
Concello de Padrenda |
Acceso a Seoane |
43.000,00 |
|
Concello de Toén |
Arranxos en Moreiras |
50.000,00 |
|
Concello de Vilardevós |
Praza Vilarello |
49.000,00 |
|
Concello de Oímbra |
Acceso camiños agrícolas |
39.000,00 |
|
Concello de Porqueira |
Obras en rede municipal |
15.000,00 |
3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ó público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE COOPERACIÓN BENOURENSE INFANCIA PARA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A PUNTOS DE ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DAS ENTIDADES LOCAIS
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación BenOurense Infancia para concesión de subvencións a puntos de atención á primeira infancia e servizos complementarios das entidades locais no exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS PARA A EXECUCIÓN DE INVESTIMENTOS EN MATERIA DE TERMALISMO CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos para a execución de investimentos en materia de termalismo correspondente ó exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS PARA A EXECUCIÓN DE INFRAESTRUTURAS CULTURAIS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos para a execución de infraestruturas culturais correspondente ó exercicio 2014
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS PARA A EXECUCIÓN DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos para a execución de infraestruturas deportivas correspondente ó exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COAS MANCOMUNIDADES DE CONCELLOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación coas mancomunidades de concellos correspondente ó exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS PARA A EXECUCIÓN DE PARQUES, XARDÍNS E ZONAS VERDES CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos para a execución de investimentos en parques, xardíns e zonas verdes, correspondente ó exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS EN MATERIA DE SERVIZOS CULTURAIS E EDUCATIVOS CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente as bases reguladoras do programa de cooperación cos concellos en materia de servizos culturais e educativos correspondente ó exercicio 2014.
2º) De conformidade co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións desta Deputación, as bases reguladoras do programa inicialmente aprobadas someterase a información pública, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de dez días hábiles, durante os que as entidades locais interesadas poderán formular as alegacións e suxestións que consideren oportunas, as cales serán obxecto de resolución expresa polo Pleno. En caso de non formularse alegacións en prazo, entenderanse automaticamente aprobadas de xeito definitivo, procedéndose á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
SOLICITUDE AO MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DE DELEGACIÓN DA INSPECCIÓN DO IAE DOS MUNICIPIOS QUE TEÑEN DELEGADA A XESTIÓN DO DITO TRIBUTO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Acordo:
1º.- Solicitarlle ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a delegación da competencia inspectora que o artigo 91.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo RDL 2/2004, do 5 de marzo, lles atribúe aos órganos da Administración Tributaria Estatal, respecto do Imposto sobre Actividades Económicas, referido a aqueles concellos que efectuaron a delegación das facultades de xestión tributaria e recadación deste imposto na Deputación Provincial de Ourense, cos límites e condicións establecidos na Orde do 10 de xuño de 1992.
Os concellos son os seguintes: Avión, Baltar, Bande, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Laza, A Mezquita, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Padrenda, Piñor, A Pobra de Trives, Porqueira, Punxín, Riós, Rubiá, San Cristovo de Cea, Sarreaus, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, Vilamartín de Valdeorras, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
2º.- Facultar ao Sr. presidente para a realización das xestións necesarias e formalización de documentos precisos para a execución do presente acordo.
APROBACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE XESTIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Acordo:
1º) Aprobar inicialmente a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación pola Deputación Provincial de Ourense.
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2014, RELATIVA Á OBRA MUNICIPAL DO CONCELLO DE LAROUCO
Acordo:
Acordar a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2014 relativa á obra municipal do concello de Larouco, incorporando ó plan principal –en substitución da obra denominada "Ampliación cemiterio municipal 1ª fase"- a obra denominada "Abastecemento e Saneamento en rúa Seoane de Larouco" cun orzamento de execución de 45.000,00 €.
MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2014, RELATIVA Á OBRA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PUNXÍN
Acordo:
Acordar a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2014 relativa á obra municipal do concello de Punxín, incorporando ó plan principal –en substitución da obra denominada "Pavimentación camiños Vilela-Freás e Condes de Arriba"- a obra denominada "Saneamento en Barbantes e construción de muros en Vilerma e Condes de Arriba" cun orzamento de execución de 45.000,00 €.
CONVENIO DE COOPERACIÓN CON AGADER PARA O PROGRAMA DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2014-2015
Acordo:
1º.- Autorizar a subscrición dun convenio de cooperación entre esta Deputación Provincial e a Consellería do Medio Rural e do Mar, para financiar as actuacións do Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciados con FEADER no marco do PDR de Galicia 2007-2013, conforme co texto remitido por AGADER a esta Deputación o 19 de xuño de 2014, número de rexistro de entrada 15.806.
2º.- Someter a información pública o referido acordo por prazo de 10 días hábiles, mediante anuncio que se publicará no BOP. Durante o dito prazo os concellos poderán formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas, que deberán ser resoltas motivadamente polo Pleno. En caso de non formularse alegacións ou suxestións en prazo, entenderase definitivamente aprobado o convenio.
3º.- Sen prexuízo do anterior, o acordo de aprobación inicial do presente convenio queda condicionada á aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos (créditos extraordinarios e suplementos de crédito) n.º 4/2014.
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL, A DEPUTACIÓN E O CONCELLO DOS BLANCOS, PARA FINANCIAMENTO, EXECUCIÓN E ENTREGA DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN PONTÓN NO RÍO AIROA NOS BLANCOS
Acordo:
1º.- Aprobar a subscrición dun convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación e o Concello dos Blancos, para financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación das obras de construción dun pontón no río Airoa nos Blancos, conforme co documento remitido a esta Deputación pola Confederación con data 4 de xullo de 2014 e número de rexistro de entrada n.º 17.053.
2º.- A aprobación do presente convenio queda condicionada á aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos (créditos extraordinarios e suplementos de crédito) n.º 4/2014.
APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE O SISTEMA DE ELECCIÓN DE ALCALDE
Acordo:
Manifestar a vontade desta Corporación Provincial de que se adopten as medidas legais oportunas que garantan o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns, de tal xeito que a lista máis votada nas Eleccións Locais exerza a alcaldía.
APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE AS OBRAS DA A-56
Acordo:
Solicitar ao Ministerio de Fomento:
PRIMEIRO.- Que se reinicie a construción do tramo San Martiño-A Barrela, cuxo contrato de obras (xa en fase de execución) foi rescindido no mes de xullo do ano 2010. Estando en funcionamento dito tramo da A-56, daríase continuidade ao EIXO DO RIBEIRO, conectando Lugo e o sur da provincia coas Rías Baixas, e permitiría conectar as estradas de Ourense- Lugo (N-540), Ourense- Santiago (N-525/ AG-53), Ourense- Pontevedra (N-541) e Ourense- Vigo (N-120/ A 52). O seu radio de influencia abarcaría un grande número de usuarios potenciais.
SEGUNDO.- Que se impulse o tramo Cambeo-Ourense, cuxo proxecto saía a información pública o pasado 10 de febreiro de 2011 e que é unha das principais entradas á cidade de Ourense. Dito percorrido consta dun único carril por estrada sinuosa durante máis de 10km. Nos que resulta temerario superar os 50 Km/hora.
TERCEIRO.- Que se aceleren as obras e todos os trámites administrativos, así como consignar de maneira orzamentaria as cantidades necesarias para o remate urxente dunha infraestrutura de grande importancia para a supervivencia e desenvolvemento do interior galego, como é a A-56.
Solicitar ó Ministerio de Fomento que impulse o conxunto das actuacións na autoestrada A-56 Ourense-Lugo, de xeito que se liciten no presente ano priorizando os seguintes tramos Variante Norte (5,8 Qm), Ourense-Cambeo (9,0 Qm), Cambeo-San Martiño (8,5 Qm) e San Martiño-A Barrela (9,8 Qm).
Solicitar ó Ministerio de Fomento que antes do final da actual lexislatura se rematen todos os proxectos construtivos do resto dos tramos e os trámites previos á licitación dos mesmos.
Solicitar ó Goberno do Estado que se consignen nos Presupostos Xerais de 2015 as dotacións necesarias para contratar os tramos prioritarios citados.
Dirixirse á Xunta de Galicia para que apoie a construción da Autoestrada A-56, Ourense-Lugo tal e como consta neste acordo.
APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE OBRAS DUNHA PLANTA ASFÁLTICA EN XINZO
Acordo:
Que a Deputación se posicione en contra da Instalación de Planta de produción de mestura bituminosa en quente, Planta Asfáltica permanente, en Parada de Ribeira. Sumarse as reivindicacións que está abandeirando a Asociación O Muíño da Lama para que o concello de Xinzo paralice e anule de xeito inmediato o expediente administrativo en curso para a obtención da preceptiva licenza municipal desta actividade e inicie un expediente sancionador e de reposición da legalidade por execución irregular da obra maior sen licenza municipal. O acordo sinala tamén a adhesión ao acordo plenario acadado en Xinzo de Limia polo que se insta á Xunta a emitir os informes correspondentes para paralizar o proxecto.