A vicepresidenta Marta Nóvoa clausura o Congreso de AJE Galicia en Allariz
Allariz, 18 de outubro de 2024.
A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, clausurou o Congreso de AJE Galicia que se desenvolveu durante toda a xornada en Allariz. Marta Nóvoa felicitou á Asociación de Jóvenes Empresarios pola súa iniciativa: "Que os xóvenes empresarios se impliquen, sexan proactivos e canalicen as súas inquedanzas en iniciativas tan produtivas e aproveitables coma esta, é un síntoma do bo facer do sector empresarial e de que hai moito futuro por diante cun presente dinámico e audaz".
Tamén fixo referencia Marta Nóvoa, ao compromiso e apoio constante da Deputación ao sector, lembrando a posta en marcha de accións na institución provincial como por exemplo o proxecto "EmprendOU", o "EmprendOU en feminino–8M", ou a colaboración coa CEO no Plan ReActiva Ourense para o fomento dixital do emprego e Emprendemento, "cuxa importancia é moi destacada pois contribúe a potenciar esa cultura emprendedora que na nosa provincia ocupa un lugar tan importante".
Por ultimo, a vicepresidenta provincial recalcou que desde as administracións publicas "debemos aplicar políticas públicas que propicien o desenvolvemento empresarial nos nosos territorios e, polo tanto, que contribúan á xeración de riqueza e creación de emprego".