A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu no Salón de Plenos a medio cento de alumnos do CIFP Portovello
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu no Salón de Plenos a medio cento de alumnos do CIFP Portovello, de varios ciclos.
A vicepresidenta primeira explicoulles aos mozos o funcionamento da Deputación e da celebración dun pleno.
Marta Nóvoa contoulles como se axuda aos concellos ourensáns dende o organismo provincial. "Hai un gran número de traballadores recorrendo a provincia, a Deputación axuda aos concellos para que poidan por en marcha os seus proxectos".
Os rapaces interesáronse por saber cales son as principais solicitudes de axuda dos concellos.