A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Novoa, participa na visita do presidente da Xunta ao mosteiro de Santa Cristina, na Ribeira Sacra

Compartir

Parada de Sil, 27 de outubro de 2024. A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Novoa, participou esta tarde nunha visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao mosteiro de Santa Cristina, en Parada de Sil, na que tamén estivo presente o embaixador delegado permanente de España ante a Unesco, Miquel Iceta, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Trala visita, Marta Novoa subliñou que a Ribeira Sacra, onde se sitúa este mosteiro, ten todos os requisitos para ser Patrimonio da Humanidade, expresando os seus parabéns para o equipo redactor da candidatura.