A vicepresidenta primeira da Deputación participa na inauguración da VI Semana do Emprendemento no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Ourense, 22 de xaneiro de 2024.- A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, participou hoxe na inauguración da VI Semana do Emprendemento, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Na súa intervención puxo en valor o traballo realizado pola institución provincial a prol do emprendemento xuvenil a través do Programa EmprendOU e instou ás administracións a acompañar as iniciativas dos emprendedores "con políticas que, na medida das nosas competencias, favorezan a creación de novas empresas no territorio".
Marta Nóvoa animou ao alumnado da Escola Santo Cristo de Ourense -referente na Formación Profesional- a levar a cabo as súas ideas de negocio na provincia afirmando que "este territorio atesoura unha innumerable lista de exemplos claros e exitosos que demostran que crear en Ourense e desde Ourense é posible. Somos unha terra creativa, berce de creadores".