A vicepresidenta primeira da Deputación participa na presentación da iniciativa “E ti, de quen vés sendo?”, de apoio ao comercio local

Compartir

Ourense, 30 de outubro de 2023.- A vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, participou esta tarde, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense, na presentación da campaña "E ti, de quen vés sendo?".

Esta iniciativa consiste na distribución de bolsas promocionais do comercio local de toda a provincia, con mensaxe de promoción do comercio de proximidade durante todo ano, desestacionalizando así esta campaña, e fixando a unión entre todos os comercios da Federación de Comercio.

Esta iniciativa é posible grazas á cooperación da Deputación de Ourense e Abanca.