A vicepresidenta primeira da Deputación participa na presentación da Memoria de Actividades 2023 de Expourense

Compartir

Ourense, 21 de xuño de 2024.

A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, participou na presentación da Memoria de Actividades 2023 de Expourense. Na súa intervención, Marta Nóvoa puxo en valor o "gran traballo" que realiza o recinto feiral ourensán na "proxección internacional das potencialidades da nosa provincia, como pode ser o termalismo, a gastronomía, o viño, a automoción ou o sector funerario". Asegurou que o traballo de Expourense "contribúe a situar no mapa a Ourense a través das grandes feiras internacionais".

Así mesmo, a vicepresidenta primeira da Deputación dixo que o apoio e compromiso do goberno provincial á Fundación Expourense é "incuestionable". Afirmando que apostar por este recinto tamén é apostar e colaborar con grandes e con pequenos produtores locais que atopan en Expourense o altofalante que precisan para dar a coñecer os seus produtos e servizos ante milleiros de persoas".

Previamente, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa tamén asistiu á reunión do padroado de Expourense.