Visita de Manuel Baltar ao municipio de Montederramo
Ourense, 16 de marzo de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o municipio de Montederramo, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense. O alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, recibiu ao presidente do goberno provincial na Casa Consistorial, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións para o desenvolvemento de proxectos en materia de Infraestruturas e para a adquisición de maquinaria. Trala xuntanza, visitaron o Mosteiro de Montederramo así como infraestruturas eléctricas que tamén serán renovadas coa axuda da Deputación de Ourense.