Visita dunha delegación do Festival Basel Tattoo de Suiza

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha delegación da organización do Basel Tattoo 2014, presidida por Erik Julliard. Os organizadores do espectáculo convidaron á Real Banda de Gaitas, composta por 120 compoñentes, a participar no espectáculo Internacional que se celebrará na cidade suiza de Basel do 14 ao 26 de Xullo 2014. Será a primeira vez que participará unha formación de España neste espectáculo internacional que, baixo o patronato da Swiss Armed Forces, ven realizándose dende 2008, participando anualmente máis de medio millón de espectadores e agrupacións artísticas de 50 países. Os organizadores pretenden dar unha relevancia especial á Real Banda de Gaitas tendo en conta a súa dimensión internacional, polo que será seleccionada música tradicional de Galicia para as actuacións conxuntas, segundo afirmou o director da Real Banda, Xosé Lois Foxo.